Calendario Laboral: Convenio Colectivo de Construcción de la Provincia de Pontevedra 2022
Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do acordo do calendario laboral do persoal laboral das empresas do sector de Construcción para o ano 2022, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP), en representación das empresas do sector e da parte social polas Centrais sindicais CCOO,FCM- CIG e FICA-UGT, en data 29 de novembro do 2021.
Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Calendario Laboral
En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as 18 horas do día 29 de Novembro de 2021, reúnese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra.
Ambas partes acordan fixar para o ano 2022, os seguintes festivos de convenio:
Con vixencia exclusiva para o ano 2022, para adaptala xornada anual, se fixan como festivos de convenio e remunerábeis a tódolos efectos, os seguintes días:
— 7 de Xaneiro, 28 de Febreiro, 1 de Marzo, 16 de Maio , 16 de Agosto, 31 de Outubro, 9, 23, e 30 de Decembro.
Nos concellos onde a festividade local coincida con día Non laborable ou Festivo de convenio, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2022 serán festivos de convenio os seguintes días:
— 10 de Xaneiro: Illa de Arousa e Pontecesures.
— 17 de Xaneiro: Vilanova de Arousa
— 2 de Marzo: A Estrada, Illa de Arousa, O Rosal, Tomiño, Tui e Vilaboa.
— 18 de Maio: Caldas de Reis, Covelo e Portas.
— 18 de Xullo: Bueu, O Grove, A Guarda, Marín e Moaña.
— 8 de Agosto: Soutomaior
— 17 de Agosto: Arbo, Caldas de Reis, Gondomar, Mondariz, Sanxenxo, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
— 26 de Setembro: Poio.
Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores. Así mesmo, en cada empresa fixarase no correspondente calendario laboral o resto dos días necesarios para axustarse á xornada anual máxima como non laborables retribuídos, por acordo entre a empresa e os traballadores.
Se autoriza a D. Ignacio Bouzada Gil, do Consello Galego de Relacións Laborais, para a inscrición deste acordo na Plataforma Regcom, así como en tódolos rexistros correspondentes para a súa validación e publicación.
Dándose por finalizada a reunión sendo as 18:30 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.